Foi profesor da Escuela Normal de Maestros de Barcelona e membro do Partido Radical oposto ao Estatuto catalán. Nos EEUU publicou un libro sobre os crimes do franquismo. Baixo o pseudónimo “Xan Calquera”, emitía un programa de radio pro-republicano, aínda que non mantiña conexión coas Sociedades Hispanas Confederadas. En 1938 foi redactor xefe do diario La Voz de Nova York. Mantivo unha enemistade con Castelao por motivos politicos que comezaran en España cando Castelou acusou ao líder do Partido Radical, Emiliano Iglesias (de Ponteareas), de irregularidades electorais. Segundo Emilio González López, Poza Juncal enviaba anónimos por correo a Castelao.
Despois da guerra ensinou español na Eastman School of Languages and Business (1940), e creou un colexio privado, Poza Institute of Languages and Business (1941), no que se ensinaba español e preparaba para secretaría, taquigrafía e mecanografía. A partir de 1943 tamén foi profesor do Brooklyn College en Nova York (Fontes: Emilio González López, Castelao, propagandista da República en Norteamérica (2000); Consello da Cultura Galega, “Repertorio biobibliográfico do exilio galego”).