O meu agradecemento á School of Arts, Language and Culture (Bangor University) que financiou a creación desta web.

Durante a miña investigación visitei diversos arquivos: Arquivo Municipal da Coruña, Arquivo Municipal de Bergondo, Arquivo Municipal de Bueu e a Casa do Pobo de Beluso, Arquivo da Emigración Galega, Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Municipal de Oleiros, Arquivo Municipal de Riveira. O meu sincero agradecemento a estas institucións e ás persoas que tan ben me trataron durante as miñas estadías nos seus arquivos. Gustaríame agradecer especialmente ao Concello de Bergondo, á arquiveira Marta López e á alcaldesa Alejandra Pérez polo seu apoio e interese no meu traballo.

Ademais destas institucións, tamén me proporcionaron material moi xenerosamente a historiadora Natalia Jorge Pereira, o historiador Eliseo Fernández, os escritores Francisco Álvarez “Koki”, Claudio Rodríguez Fer e Francisco Xosé Fernández Naval, o tradutor Craig Patterson, os cineastas Anxo Fernández and Alber Ponte, así como varios particulares coma Noé Benavides e Arturo Sánchez. O meu sincero agradecemento a todas estas persoas.

Mil grazas ao meu bo amigo Daniel Arias Mosquera, quen me acompañou na maioría das visitas e axudou a compilar o material documental e fotográfico.

Finalmente, o meu agradecemento a Javi e Edu de estudiocaravana, os deseñadores desta web. Sen eles tería sido literalmente imposible facer isto realidade.