González López, Emilio

A Coruña 1903 – Nova York 1991. Profesor exiliado en Nova York.
Emilio González López en Casa Galicia NY en 1988 (fondo Francisco Álvarez)

Antes da súa chegada aos Estados Unidos en 1939, foi Catedrático de Dereito Penal e deputado a Cortes pola ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma). Durante a guerra civil foi nomeado Cónsul de España en Xenebra en 1938 polo goberno republicano. Despois de que Suiza recoñecese o réxime franquista en 1939, marchou a París, e de alí a Anveres para embarcarse cara a Nova York, despois de contactar con Xosé Castro, enviado a Francia polas Sociedades Hispanas Confederadas. Chegou a Nova York en abril dese ano.

En Nova York foi profesor no Departamento de Linguas Románicas do Hunter College e publicou multitude de estudos literarios, por examplo sobre a obra de Emilia Pardo Bazán, Ramón María del Valle-Inclán así como da historia de Galicia. Publicou tamén unha crónica da estadía de Castelao en Nova York, que inclúe referencias á actividade antifascista galega en Nova York (Castelao, propagandista da República en Norteamérica (2000)).

Colaborou coa Casa Galicia de Unity Gallega de Nova York, sendo por exemplo parte Sección de Cultura en varias ocasións. Despois da ditatura, recibiu varios recoñecementos en Galicia: académico da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación (1978), a Medalla Castelao (1984), Cronista Xeral de Galicia (1991-1992), Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña (1991). En 2007, Casa Galicia financiou un busto que o homenaxea na Coruña, na rúa que leva o seu nome ao lado do barrio Los Rosales (Fontes: Ana Lorenzo, “Emilio González López ya tiene un busto en su calle”, La Voz de Galicia 13/8/2007, Ramón Martínez, A literatura galega no exilio (1987); Diccionario de Catedráticos Españoles de Derecho; Miguel Anxo Seixas Seoane, Castelao. Construtor da nación, tomo II (1931-1939) (2020)).