David Miranda Barreiro é profesor titular de Estudos Hispánicos en Bangor University (Gales) e co-editor da revista internacional de Estudos Galegos Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies. As súas áreas de investigación son a literatura de viaxes, a migración e o exilio, e a banda deseñada. No seu libro Spanish New York Narratives. Modernization, Otherness and Nation (premio da AHGBI – Asociación de Hispanistas de Gran Bretaña e Irlanda e a Embaixada de España no Reino Unido), analizou a presenza de Nova York na narrativa española de comezos do século XX. Na actualidade, estuda as relacións entre Nova York e Galicia e o papel desta cidade na cultura e sociedade galegas.
“Little Spain or Little Galicia?: Cinematic Representations of Galician Emigration to the USA”, Journal of Romance Studies 20(3): 489-512.
“Galicians Exiled from Nature: Visions of New York in Alfonso Daniel Rodríguez Castelao and Ernesto Guerra da Cal”, en Fabulous Leviathan: Visions of New York in Iberian Culture, 1875-1975, ed. por Antonio Córdoba e Evelyn Scaramella (entregado).
“Translocated Spaces and Mobile Identities in Camilo Gonsar’s Cara a Times Square”, en Here And Beyond. Narratives of Travel and Mobility in Contemporary Iberian Culture, ed. por Sergi Mainer, Sergi, David Miranda-Barreiro e Martín Veiga (LitVerlag, 2022).
“Ceibe na Saudade: Ernesto Guerra da Cal’s Exile Poetry”, en Figures of Exile, ed. por Eduardo Tasis e Daniela Omlor (Peter Lang, 2022).
“Galician Identity in a Global Era: Camilo Gonsar’s Cara a Times Square (1980)” – Media and Culture in Small Nations 2012/13 Seminar Series, University of Glamorgan, 2013
Entrevista de radio no programa “Un país mundial” (RTVG) 12/11/2017