Rodríguez Mourelo, Ramón

O Incio, Lugo – New York, 1998.

Tradución da nota publicada no obituario do New York Times (25 de setembro de 1998):

“RODRIGUEZ MOURELO-Ramon morreu o 23 de setembro de 1998 por complicacións do cancro. O señor Rodríguez, natural de O Incio en Galicia, España, era un empresario e líder cívico na comunidade hispánica de Nova York. Chegou a Nova York en 1937 como refuxiado da guerra civil española. El e a súa irmá, Eva, foron forzados a fuxir de España despois de que o seu pai fose asasinado polas forzas fascistas en Galicia. Nos Estados Unidos, serviu honorablemente no exército durante a Segunda Guerra Mundial, participando na invasión de Normandía. Volveu ao servizo militar durante a guerra de Corea cando ingresou na Mariña e foi destinado ao USS Yosemite. O señor Rodríguez foi fundador do Desfile da Raza e presidente da Casa Galicia. Tamén foi un antigo mestre da loxia masónica número 751. Sobrevívenlle a súa muller, Stella Rodriguez, dous fillos -Ramón e Tomás do seu anterior matrimonio con María Iglesias- e a súa irmá, Eva Portillo. Tiña catro netos, Tomas, Gabriel, Isabella e Julian. O velorio será no tanatorio Walter B. Cooke 117 West 72nd Street e, hoxe, de 14:00 a 21:00. O sábado 26 de setembro de 1998 ás 11:00 AM celebrarase un servizo funerario na igrexa Holy Name, 96 Street e Amsterdam Avenue. En lugar de flores pódense facer achegas ao Programa de Educación para Adultos da Unión (212) 828-6015 ou ao Fondo de Socorro de Furacáns de Porto Rico en calquera sucursal do Banco Popular” (“Orixinal no New York Times”).