Xornalista e diplomático exiliado en Nova York e Arxentina. Vai vivir a Madrid de neno. Nesta cidade estivo traballando como xornalista antes de inicia-lo seu exilio. Era socialista. Ademais de ser un decidido defensor da causa republicana, prestou valiosos servicios en diversos cargos públicos e por este motivo, tivo que exiliarse a Nova York. Alí continuou colaborando con diversas publicacións como o xornal España Republicana dos exiliados españois de Bos Aires así como no xornal do antifascistas españois de Nova York España Libre. Tamén colaborou coas emisións da radio Voz de América. En diversos países sudamericanos, como Chile, tivo programas radiais nos que falaba sobre España. Estivo tamén de cónsul en Brasil. En 1953 decide radicarse en Bos Aires, onde tiña familia e amigos, xunto coa súa dona.
(Información extraída directamente do “Repertorio biobibliográfico do exilio galego”, Consello da Cultura Galega).