Lugrís, Ramón

Ferrol, 1932 – Ciudad Real, 2015. Xornalista, tradutor e ensaísta galego.
(Memoria de Casa Galicia, 1964).

Participou no galeguismo “de interior” liderado por Ramón Piñeiro na posguerra. Traballou en Londres para a BBC, e posteriormente como tradutor para a ONU en Nova York, onde entrou en contacto co grupo de exiliados da Casa Galicia (Fontes: M. Mato, “Fallece el periodista Ramón Lugrís, una de las conciencias del galleguismo del siglo XX”; H.J. Porto, “Morre Ramón Lugrís, europeísta que ‘capitaneou o novo galeguismo’”; Memorias de Casa Galicia NY).