López Luaces, Marta

A Coruña, 1964. Escritora, traductora e profesora.
(Foto de editabundo)

Poeta e narradora en castelán. A súa novela Los traductores del viento (2014), gañou o premio International Latino Book Award dos Estados Unidos. Como tradutora, publicou a antoloxía New Poetry from Spain (2013) e Tensar el arco y otros poemas, tradución da poesía de Robert Duncan. Traballou como profesora en Montclair State University (Nova Jersey) e é autora de estudos académicos coma Ese extraño territorio: la representación de la infancia en tres escritoras latinoamericanas (2001) (Fontes: editabundo agencia literaria; Tigres de Papel).