Del di Emilio González López: “algúns deles [os exiliados] naceran nos Estados Unidos e chegaran de nenos á Galicia republicana traídos polos seus pais. É o caso de Robert Lado, a quen trouxo o seu pai a Cee, onde era alcalde republicano o seu tío Pancho Canosa, a alí estudou bacharelato no Instituto Fernando Blanco. De volta aos EEUU desempeñou as tarefas de profesor en Lingua Inglesa, director to Instituto de inglés para extranxeiros na Universidade George Washington, na capital estadounidense. Como o pai de Robert Lado foron moitos os que ao estalar a guerra civil deron por terminada a súa residencia española e voltaron a América; nos Estados Unidos constituían un grupo moi importante” (Castelao, propagandista da República en Norteamérica (2000), pp. 36-37).