Sociedade fundada o 6 de xaneiro de 1929, con sedes en 74 Roosevelt Street e 19 Cherry Street (Nova York), co obxectivo de mellorar a educación da zona e a formación dos futuros emigrantes, grazas á creación de escolas. Tamén apoiu a fundación da Sociedade de Agricultores “El Progreso”. A sociedade deixou de funcionar en 1934. Neste mesmo ano construíuse A Casa do Pobo en Beluso.
Entre os membros fundadores da sociedade de Nova York destaca José Novas García, quen emigrou de Beluso aos Estados Unidos en 1914 con 17 anos, e contribuiu tamén na ampliación da biblioteca da Casa do Pobo levando lotes de libros e publicacións de tendencia socialista nas súas visitas á súa vila natal. O seu fillo José Novas Regueira foi un publicista e empresario de éxito en nos EEUU e creador da Fundación Novas en Beluso (Fontes: Arquivo Municipal de Bueu, manuscrito “El hijo de un emigrante” de José Novas Regueiro e o artigo “Unha achega á emigración galega a Nova York” (2008) de Nancy Pérez Rey).