Tobío Fernández, Lois

Viveiro (Lugo), 1906 – Madrid, 2003. Investigador e diplomático.
(Imaxe da portada de Lois Tobío. O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo de Xulio Ríos – Ir indo, 2004)

Estudia Dereito en Santiago e Ciencias Políticas en Berlín. Foi secretario xeral do Ministerio de Estado e delegado na Sociedad de Naciones. Despois en Madrid doutórase e ingresa na carreira diplomática. En decembro de 1933 vai como secretario da embaixada española a Sofía (Bulgaria). En 1938, tras permanecer nas filas do exército republicano, participa na fundación do Seminario de Estudios Galegos, sendo director da sección de Estudios Xurídicos, Políticos e Económicos. Traballou tamén como profesor de Dereito Administrativo en Santiago de Compostela. Durante a Guerra Civil incorporouse ó exército republicano e foi asesor do Estatuto de Autonomía. O 10 de novembro de 1938, Álvarez del Vayo noméao ministro plenipontenciario de 3ª clase interino e despois secretario xeral do Ministerio de Estado.
O camiño do exilio lévao primeiro a Nova York, onde encontra a Castelao. Despois pasa pola Habana (1939-40) e xunto cun grupo de escritores cubanos, Raúl Roa, Fernando Ortíz, e o galego José Rubia Barcia, funda a Escuela Libre de Enseñanza da Habana. En 1940 vai a México D.F. onde é profesor no Instituto Hispano-Mexicano “Ruiz de Alarcón”, dirixido polo seu cuñado Pedro Martul Rey. Nese mesmo ano vai a Uruguai, onde residiu máis de vinte anos e entra en contacto co Instituto de Cultura Gallega. En Montevideo reuníase con outros exiliados españois e xudeos de Alemania e Checoslovaquia.

Regresa a España en 1963 para vivir en Madrid. En 1974 reincorpórase á carreira diplomática por dous anos, e dedícase tamén dende entón á investigación histórica. En 2001 recibiu unha homenaxe no Ateneo de Madrid. Lois Tobío foi ademais presidente do Novo Seminario de Estudios Galegos.

(Información extraída directamente do “Repertorio biobibliográfico do exilio galego”,  Consello da Cultura Galega).