Socorros Mutuos Muradanos

Sociedade creada en 1927 en Nova York e Newark.

Sociedade creada en 1927, con dobre sede en Nova York e Newark. A sede de Nova York estaba en Cherry Street e a de Newark en 84 Bruen Street. O fin da sociedade era a creación dunha casa social en Muros. Durante a estadía de Castelao en Nova York, a sede de Newark organizou un evento a beneficio dos orfos da España republicana, o 15 de outubro de 1938 en Saint Georges’s Hall, onde falaron Castelao e Luis Soto (Fontes: “Unha achega á emigración galega a Nova York” (2008) de Nancy Pérez Rey; El asociacionismo en la emigración española a América (2008) editado por Juan Andrés Blanco Rodríguez; Miguel Anxo Seixas Seoane, Castelao. Construtor da nación, tomo II (1931-1939) (2020)).