Sociedad Española de Socorros Mutuos – Spanish Benevolent Society, “La Nacional”

Sociedade fundada en 1868 en Nova York.
(https://www.faeusa.org/la-nacional/)

Sociedade fundada en 1868 con sede en 239 W 14th St, na rúa 14 que foi coñecida como “Little Spain”. Aínda en funcionamento, é a sociedade española máis antiga de Nova York, creada para ofrecer dar apoio aos emigrantes procedentes de España, como aloxamento e mesmo servizos funerarios. Ao longo do tempo foi integrando a outras sociedades de axuda españolas e sociedades rexionais. Tivo unha importante representación galega entre os seus afilidados, e mesmo directivos como Xosé Castro. Nos anos 60 e 70 tamén acolleu o grupo de Bergondo que, liderado por Benito Santos Aguiar, loitou pola recuperación do edificio “A Senra” (Fontes: páxina web da Sociedade; Arquivo Municipal de Bergondo; testemuño de Emilio González López no libro Castelao, propagandista da República en Norteamérica (2000); “Los españoles de los Estados Unidos y la guerra civil (1936-1939)” (1994) de Marta Rey García).