Liderou desde Nova York a recuperación do edificio “A Senra” que fora financiado polas sociedades irmás Centro de Instrucción de Bergondo y sus Contornos (Nova York 1924, Bergondo 1926). Aos dezaseis anos traballaba nun barco de carga que facía as rutas de Cuba e Estados Unidos, onde quedou a vivir. En New York coñeceu a Pura Vázquez, tamén de Bergondo. Casaron en 1938, en pleno período da grande depresión económica nos Estados Unidos. Benito e Pura tiveron dous fillos, Joe e Alice, que residen en New Jersey. Como moitos emigrantes recén chegados, tivo unha variedade de ocupacións laborais, ata que comezou a traballar como mecánico para a Autoridade de Transporte de Nova York, no metro. Máis tarde, desempeñou o posto de Xefe de Torneiros para compañía de electricidade de Nova York, Consolidated Edison. Xubilouse aos 65 anos, e estableceu a súa residencia en Fort Lee (New Jersey). Durante a súa xubilación e ata o seu falecemento, Benito adicou moito tempo en defensa da devolución de “A Senra” aos seus donos. Benito tiña un compromiso enorme coa causa e por iso, polo coñecemento das razóns polas que se pelexaba, loitou con tenacidade. Sempre creu que a propiedade debía ser devolta ós seus lexítimos donos, e todo o demais, ó seu criterio, non era aceptable (Fontes: inclúe fragmentos dun texto biográfico escrito polo fillo de Benito Santos Aguiar, Arquivo do Concello de Bergondo).