Durante a Guerra inscribiuse na Escola de Formación militar, chegando a ser oficial de artillería e actúa nas frontes do centro da península. Desde Barcelona cruza a fronteira cara a Francia, logo é internado no campo de refuxio de Argelès sur Mer, de onde o saca un pariente para ser trasladado a Cuba. Na Habana doutórase en Literatura na facultade de Filosofía e Letras. Posteriormente trasládase ós Estados Unidos para ser profesor de Lingua e Literatura na Universidade de Rutgers, en New Jersey. Máis tarde dirixirá o departamente de Lingua Románicas do colexio feminino Douglas da mesma Universidade. Colaborador e membro da Casa Galicia de Unidad Gallega de Nova York.
(Información extraída directamente do “Repertorio biobibliográfico do exilio galego”, Consello da Cultura Galega).