A comezos do ano 1940 pasa por Nova York rumbo ó seu exilio en México. O 18 de febreiro de 1940 o Frente Popular Antifascista Gallego de Nova York organiza un festival na súa honra no Royal Windsor desa cidade. No festival relata as peripecias da súa fuxida a través de Francia e despois de ter pasado polos horrores dos campos de concentración.
(Información extraída directamente do “Repertorio biobibliográfico do exilio galego”, Consello da Cultura Galega).