Rodríguez, Irmáns

Eirexalba, O Incio, Lugo.

Exiliados tras a morte do seu pai Ramón Rodríguez a mans dos falanxistas. Chegaron a Inglaterra no vapor Vulcania, e de aí a Nova York, onde relataron o asasinato de anarquistas na súa vila ao xornal Cultura Proletaria (Fonte: “Repertorio biobibliográfico do exilio galego”, Consello da Cultura Galega, que inclúe as seguintes referencias, “Cultura Proletaria”, Nova York, X:483, (31/07/1937), “Cultura Proletaria”, Nova York, X:484, “Cultura Proletaria”, Nova York, X:485, (14/08/1937)).