Rodríguez-Arijón Pallás, Manuel

Rebordelos (Carballo), 1895 – ?, 1963. Inventor e emigrante.

Emigrou aos Estados Unidos en 1911. O seu primeiro destino for Tampa (Florida). Instalouse posteriormente en Nova York, onde inventou as pinzas dos tirantes. Fixo a solicitude de patente en 1936, e foi aprobada en 1938. Abriu tamén vendeu un negocio na cidade, onde vendía este produto. Grazas ao seu invento, foi aceptado no “Chartered Institute of American Inventors” (Fonte: Manuel Rey, “Descobren que un galego inventou as pinzas dos tirantes grazas a unha foto familiar”).