Otero Martínez, Manuel

Catasueiro, Outes (A Coruña) 1916 – “Omaha Beach”, Normandía 1944. Emigrante e soldado galego no exército dos Estados Unidos.
(Imaxe atopada en https://www.warrelics.eu/forum/ )

Antes da guerra civil aprendeu carpintería naval e estivo embarcado. Na guerra loitou co bando republicano e foi ferido gravemente na batalla de Brunete. O final da guerra atópao en Barcelona. Grazas ás xestións dun coñecido, consegue que lle dean a liberdade e volta a Catasueiro. Mais debido ás dificultades da posguerra, decide embarcar cara aos Estados Unidos, onde entra ilegalmente. Reside en Nova York alístase no exército norteamericano o 19 de marzo de 1943. Serviu no Reximento de Infantería número 16 da 1ª División, a “Big Red One”. Foi “Private First Class” (Soldado de Primera). Faleceu en “Omaha Beach” o 6 de xuño de 1944. Foi o único español que participou no Desembarco de Normandía. Recibiu a Medalla do Corazón Púrpura, outorgada a todos os soldados feridos ou falecidos no combate.

Placa en memoria de Manuel Otero Martínez en Omaha Beach (colección persoal)

Foi enterrado inicialmente no cemiterio americano de St. Laurence en Francia e os seus restos foron trasladados posteriormente ao cemiterio da igrexia de San Xoán de Sabardes (o Freixo, Serra de Outes). En 2014 inaugurouse unha placa na súa honra no Monte de San Pedro, A Coruña (Fonte: Antonio Osende Barallobre, Manuel Otero Martínez, un gallego en “Omaha Beach” (2016)).