Exiliado socialista e socio fundador da Sociedad de Bueu, Beluso y sus contornos en Nova York. Pai de José Novas Regueira. Foi parte da “Sociedad de Agricultores El Progreso” de Beluso e axudou á creación da súa biblioteca. Despois de emigrar a Nova York, onde reclamara á súa muller e fillo, a familia retorna a Galicia 1931. En 1936, tras o alzamento fascista, conseguen escapar grazas á nacionalidade estadounidense que José Novas pai acadara acadara en 1928, o que lles permitiu deixar Galicia nun trasatlántico camiño de Nova York (Fontes: Consello da Cultura Galega, “Repertorio biobibliográfico do exilio galego” ; manuscrito “El hijo de un emigrante” de José Novas Regueiro).