Novás Calvo, Lino

Grañas do Sor, Mañón, A Coruña, 1905 – Nova York, 1983. Narrador, xornalista e traductor.

Emigra a Cuba e instálase na Habana ós sete anos cun tío materno. Alí traballa como recadeiro, dependente de fonda, empregado de limpeza, carboeiro e chofer de aluguer. En 1926 marcha a Nova York, onde realizou penosos traballos durante un ano. De volta na Habana é cando entra en contacto co mundo do xornalismo e publica varios poemas na Revista de Avance. Despois pasa a traballar como empregado dunha librería e a partir de entón colabora frecuentemente na prensa. En 1930 inicia unha etapa fructífera para a súa formación. Retorna a España e viaxa por Francia e Alemaña, e por último, instálase en Madrid, onde colabora cos xornais El Sol e La Voz. Publica na Revista de Occidente ensaios de crítica literaria e relatos de novela curta. Durante anos foi redactor da revista Bohemia. No ano 1931 foi enviado a Madrid como correspondente da revista Orbe e cando esta desaparce traballa como empregado da biblioteca do Ateneo de Madrid. Co inicio da guerra ingresa no Vº Rexemento, chegando a ser oficial da Brigada de Valentín González, “El Campesino”, ó tempo que publicaba artigos de propaganda republicana. Coa fin da guerra volve a Cuba e traballa como xornalista no diario Noticias de Hoy. Continúa a súa intensa acitividade narrativa e xornalística cun recoñecido prestixio por parte da crítica. Na década dos 60, disconforme coa Revolución Cubana, abandona a illa. Permanece durante unha tempada en Venezuela e durante anos exerce como profesor na Universidade de Syracuse en Nueva York.

(Información extraída directamente do “Repertorio biobibliográfico do exilio galego”, Consello da Cultura Galega).