José Docampo & Antonio Lagares

Información cortesía de Chris Lagares

“O meu bisavó chamábase José Docampo. Viña de Moruxo (Bergondo). Era propietario do restaurante El Tropezón da West 11th Street. Segundo o meu pai e o meu tío, funcionaba como salón de billar e ‘speakeasy’ durante a Prohibición.

El Tropezón, nos anos 30 (arquivo Chris Lagares)

Meu pai, Antonio Lagares, sempre afirmou que o meu bisavó foi un dos primeiros hispanos en ter licenza de bebidas alcohólicas. O restaurante tiña como clientela principal os estibadores e outros traballadores do porto.

El Tropezón, nos anos 30 (arquivo Chris Lagares)
El Tropezón (arquivo Chris Lagares)
Antonio Lagares, con 11 anos, diante de El Tropezón (arquivo Chris Lagares)

O meu pai abriría máis tarde co seu irmán Pepe Lagares o restaurante El Olé en 2nd Avenue con 25th street, do que foron propietarios de 1970 a 2002″.

José Docampo e Antonio Lagares, con 19 anos (arquivo Chris Lagares)

O noso agradecemento a Chris Lagares (Instagram @instalagares) por compartir xenerosamente esta historia familiar.