Hijos de Palmeira

Sociedade fundada en Newark (Nova Jersey) o 1 de abril de 1929.

Sociedade fundada en Newark (Nova Jersey) o 1 de abril de 1929 por emigrantes desta parroquia de Ribeira. Como é habitual, conta tamén cunha sociedade “irmá” en Palmeira. O seu obxectivo era axudar á súa localidade de orixe, e para iso construíron un centro recreativo de 600 metros cadrados. Ambas as dúas sociedade seguen en activo na actualidade (Fontes: exposición no Concello de Ribeira; “La Sociedad Hijos de Palmeira cumple mañana ochenta años”).