Greenwich Village

Barrio de Nova York con presenza galega nos anos vinte.

O libro Greenwich Village 1920-1930. A Comment on American Civilization in the Post-War Years (1935) de Caroline F. Ware recolle a presenza de galegos nesta área da cidade cando se refire á emigración procedente de España: “The group was a homogeneous one, both in background and status. Practically all its members came from the same part of Spain – the northwest section and especially the province of Coruña. Most were of peasant background, although a quarter of those interviewed had come from the city. As seamen, dock workers, or factory and other manual labor, they occupied in common a low occupational and income status” (p. 228). (“O grupo era homoxéneo, tanto en orixe como en clase. Practicamente todos os seus membros procedían da mesma parte de España: o noroeste, e especialmente a provincia da Coruña. A maioría eran labregos, aínda que un cuarto dos entrevistados viñan da cidade. Como mariñeiros, operarios do porto, traballadores de fábricas e outros traballos manuais, tiñan en común estar empregados en traballos cun status e salario baixo”).