Un dos autores da “Nova Narrativa Galega” que renovou a prosa en galego de 1950 a 1980. En 1958, por mediación Ramón Piñeiro e do profesor exiliado nos Estados Unidos Ramón Martínez López, marcha a dar clase na Universidade de Siracusa (Estado de Nova York) ata 1964. A súa obra máis recoñecida, Cara a Times Square (1980), transcorre en Nova York (Fontes: perfil biográfico de Xosé Luis Franco Grande en Cara a Times Square; Asociación de Escritoras en Lingua Galega).