Flores Pérez, Emilio

Sada, 1901 – Nova York, 1982. Emigrante e activista republicano e galeguista.
(Memorias de Casa Galicia)

Emigrou a Nova York en 1921. Durante a guerra civil, foi o principal representante do Frente Popular Antifascista Gallego, xunto con Víctor Fernández. Co final da guerra e a desintegración da sociedade, Emilio Flores foi un dos impulsores da creación dunha nova sociedade galega, por inspiración de Castelao. Esta sociedade foi a Casa Galicia Unity Gallega, da que tamén foi president en 1944-1947,1951-1952,1959-1960,1965-1972 e 1974-1976.

Como presidente de Casa Galicia non so traballou pola estabilidade e crecemento económico da sociedade e a adquisición de diversas sedes, senón que tamén organizou multitude de actividades tanto en Nova York coma en Galicia, por exemplo recabando fondos para a Real Academia da Lingua Galega, a Cociña Económica da Coruña e o Sanatorio de Oza (Fontes: Emilio González López, “Emilio Flórez y la Casa de Galicia de Nueva York”; Amado Rincón “Requiem por un baril loitador da cultura galega en Nova Iorque”, na Memoria de Casa Galicia 1981-1983).