Fernández Vázquez, Marcial

Ferrol, 1898 – Veracruz, 1963. Político.

Afiliado do PSOE e UGT, e fundador do xornal socialista ferrolán El Obrero. Marchou a Barcelona no comezo da guerra civil para unirse ao bando republicano. Ao remate da guerra foi a Francia e alí embarcouse xunto con Ramón Suárez Picallo no barco Queen Mary a Nova York, onde chegaron o 29 de marzo de 1939. Foi invitado por Ramón Mosteiro a falar xunto con Ramón Suárez Picallo a prol das actividades do Frente Popular Antifascista Gallego, en Nova York e ao longo dos Estados Unidos, co galego (de Lérez) José Lores como chofer. Marchou a México en 1942, onde pasaría o resto do seu exilio (Fontes: Lois Pérez Leira, Ramón Suárez Picallo, o primeiro deputado da emigración; “Cátedra del exilio”).