Fernández-España y Fernández-Latorre María Victoria (María Victoria Armesto)

A Coruña, 1925 – Madrid, 1999. Xornalista, escritora e política.
(Foto de http://www.victoriaarmesto.es/)

Como xornalista escribiu para La Voz de Galicia. Despois de casar co tamén xornalista Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía) en 1950, marchan aos Estados Unidos, onde permaneceron ata 1955, primeiro en Nova York e máis tarde en Washington. María Victoria escribiu crónicas desde este país para La Voz de Galicia, e publicou unha novela curta, Historias de Nueva York (1955). Defensora da lingua e cultura galega, recibiu o Pedrón de Ouro en 1970 e a Medalla Castelao en 1977. Foi deputada por Alianza Popular (Fonte: http://www.victoriaarmesto.es/).