Dá noticia del Emilio González López: “natural de Ribadeo onde tiña un cine, secretario da Casa de Galicia, e que tiña un curmán, licenciado en Química pola Universidade de Santiago, que chegou a Nova York fuxindo de Galicia e de Portugal; en Galicia estivo agachado, primeiro nunha leira de millo de despois nunha cabana, onde non recibía máis visitas cá dunha vella que lle levaba comida e dunha galiña que lle entraba polo burato da porta. Logrou escapar a Portugal, de onde tamén tivo que fuxir porque polo seu aspecto loiro tomárono por espía alemán” (Castelao, propagandista da República en Norteamérica (2000), p. 59).