Fariña, Carmen (apelido de nacemento Guillén)

Brooklyn, 1943. Educadora.
(Wikipedia)

Filla de pais exiliados en Nova York durante a guerra civil (pai de Sada e nai de Vilaboa). Xunto con emigrantes chegados de Galicia e Asturias, o pai fundou a escola chamada Juventudes Escolares, preto de Atlantic Avenue, onde se ensinaba castelán e baile galego. Graduada en pola Universidade de Nova York e con mestrías en Educación bilingüe (Brooklyn College), Gifted/Arts Education (Fordham University) e Administración e Supervisión (Pace University). En 2013 foi nomeada xefa do Departamento de Educación de Nova York (Fontes: artigo de ABC ; artigo de Faro de Vigo ; artigo de La Voz de Galicia).