España Libre

Xornal antifascista publicado en Nova York.
(Arquivo da Emigración Galega)

Xornal publicado polas Sociedades Hispanas Confederadas en Nova York de 1937 a 1976, do cal foi editor Xosé Castro e no que publicaron exiliados galegos como José Rubia Barcia e Eugenio Granell. Nas súas páxinas podíanse atopar anuncios dos negocios (sobre todo bares e restaurantes) abertos por galegos na cidade, así como novas acerca das sociedades galegas e de persoeiros da cultura e política galega como Castelao ou Basilio Álvarez.