Vázquez Fernández, Ernesto

Membro da Xunta Directiva da Casa Galicia

Información cortesía do seu neto Xosé Castro

Emigrou a Nova York sendo adolescente. Alí, viviu en 175 West 95th Street de Manhattan, e asistiu ao Centro Gallego ubicado en Union Square. Tras o peche deste centro, e a creación da Casa Galicia, foi directivo da mesma durante varias décadas, con diversos cargos.

Como masón, frecuentaba a Serenísima Gran Logia que estaba en 345 West 45th Street.

O noso agradecemento a Xosé Castro (Twitter @XoseCastro) por compartir xenerosamente a historia do seu avó.