Delphic Studios

Galería de arte en Nova York onde expuxo Castelao.
Anuncio dunha exposición de Castelao en Delphic Studios, Nova York (1938) (en Castelao, a UPG e outras memorias de Luis Soto, 1983)

Galería onde o North American Committee to Aid Spanish Democracy, o Medical Bureau e as Sociedades Hispanas Confederadas organizaron unha exposición dos debuxos da guerra civil de Castelao durante a súa estadía en Nova York, do 24 outubro ao 6 de novembro de 1938. A exposición incluiu una copía do albúm Nós e os orixinais de Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos. As Sociedades Hispanas Confederadas imprimiron 11,000 copias de Galicia Mártir para recabar axuda económica para España. As estampas tamén foron publicadas no xornal Frente Popular (Fontes: Luís Soto, Castelao, a UPG e outras memorias (1983) ; Worldcat ; Miguel Anxo Seixas Seoane, Castelao. Construtor da nación, tomo II (1931-1939) (2020); Recovering the US Hispanic Literary Heritage Digital Collections).