Castro, Xosé

Activista antifascista.
Xosé Castro Barral en 1962 (Memoria de Casa Galicia)

Natural de Oleiros, traballou na United Steel Corporation, foi dirixente das Sociedades Hispanas Confederadas e presidente da Sociedad Española de Beneficencia de Nova York, cargo no que acompañou a Castelao na súa xira polos EEUU en apoio á Republica (Fonte: testemuño de Emilio González López no libro Castelao, propagandista da República en Norteamérica (2000)).