Centro creado en 1937 ou 1938 (dependendo das fontes) polos españois que apoiaban o golpe de estado. A súa creación foi promovida por Juan Francisco de Cárdenas, que fora embaixador de España coa República e se converteu no representante do Goberno Nacional durante a guerra (Fontes: “Los españoles de los Estados Unidos y la guerra civil (1936-1939)” (1994) de Marta Rey García; “Las Sociedades Hispanas Confederadas en archivos del FBI (emigración y exilio español de 1936 a 1975 en EEUU)” (2006) de María Ángeles Ordaz Romay).