Botello Barros, Ángel

Cangas do Morrazo (Pontevedra) 1913 – San Juan (Porto Rico), 1986. Artista plástico.

Estudia arte en Burdeos e Madrid. Durante a guerra estivo no Vº Reximento comandado por Líster, onde preparaba planos cartográficos. Despois da contenda foxe a Francia e, en xuño de 1939, embarca para o Caribe no vapor De la Salle. Permanece durante un curto período na República Dominicana e Haití. En 1942 vai á Habana onde está case un ano. Logo, en 1948, instalado en Porto Rico ensina na “Academia de Arte de Edna Coll”. En 1950 vai a Nova York onde vive tres anos. Posteriormente regresa a Porto Rico onde se instala definitivamente e inaugura a galería “Las Antillas” no hotel Caribe Hilton.

(Información extraída directamente do “Repertorio biobibliográfico do exilio galego”, Consello da Cultura Galega).