Barbazán, Ceferino

Empresario vigués emigrado en Nova York.
Imaxe de http://usldhrecovery.uh.edu/items/show/3681

De ideas republicanas e galeguistas, puxo o seu capital ao servizo do xornal La Voz que, co apoio do Frente Popular Antifascista Gallego, foi un dos principais medios de comunicación do antifascismo español e do galeguismo en Nova York. (Fontes: testemuño de Emilio González López no libro Castelao, propagandista da República en Norteamérica (2000) proxecto dixital de Ana María Díaz-Marcos).