Xeneral republicano, nomeado Subsecretario de Guerra por Largo Caballero. Posteriormente foi enviado aos EEUU coma agregado militar da embaixada española en Washington. Tivo cargos nas Sociedades Hispanas Confederadas e no xornal España Libre. Emilio González López conta que tiña “pouca simpatía” polas autonomías e por Castelao, o que por exemplo levouno a rifar nun evento do 14 de abril con Víctor Fernández (do Frente Popular Antifascista Gallego) por “programar a interpretación do himno galego antes có republican, sen aceptar as explicacións de que o himno republicano ao seren máis importante era o que pechaba o acto” (Fontes: Emilio González López, Castelao, propagandista da República en Norteamérica (2000), Ficha no portal Galegos).