Álvarez “Koki”, Francisco

A Guarda 1957. Escritor.
(Foto de Anxo Cabada)

Emigrou a Nova York en 1984. É autor dunha prolífica obra en galego e castelán, especialmente poética (por exemplo Máis aló de Finisterre, 1991 ou Entre tu cuerpo y mi cuerpo, 1997), mais tamén en narrativa (Ratas en Manhattan, 2007), narrativa infantil (Un neno na emigración/Un niño en la emigración/An immigrant child, 2014) e teatro (Quemar as naves co-autor con Miguel Falquez-Certain). É o editor das antoloxías poéticas Piel palabra (muestra de la poesía española en Nueva York) (2003) e Luna y panorama sobre los rascacielos (2021), e contribuiu ao volume Seis narradores españoles en Nueva York (2006). Nos anos 90 fundou o Colectivo Celso Emilio Ferreiro, co que organizou actos culturais coma unha mostra do libro galego dentro da Feira do libro que organizaba, o Instituto de Escritores Latinoamericanos de Nueva York, ou unha lectura da poesia de Celso Emilio Ferreiro, en Park Avenue, para a Americas Society. (Fontes: obra do autor e correspondencia persoal).