14th Street, “Little Spain”

O barrio español de Nova York.
O ultramarinos “Casa Moneo” en 210 West 14th Street rexentado por Carmen Barañano (do País Vasco), foi unha das tendas emblemáticas do barrio español de Nova York (foto de https://www.newyorkalmanack.com/2014/12/little-spain-manhattans-little-known-enclave/)

14th street foi coñecida como “Little Spain” ata os anos 90, históricamente a zona con maior presenza española na cidade, e con importante representación galega tanto na comunidade como nas tendas e negocios rexentados por migrantes chegados de España. En O Grove, a rúa Castelao é popularmente coñecida como “A Catorse” ao ser o nome que os galegos emigrados lle daban á rúa principal da súa vila cando regresaban. Algúns deles estableceron negocios en Little Spain, como a barbería O Grove Barber Shop. (Fontes: documental Little Spain (2014) de Artur Balder; artigo de prensa “Unha Catorse entre O Grove e Nova York”).